O B X E T I V O S


Capítulo 1. O nome, os fins e o enderezo.

Artigo 1°

A "Associació per a la Recuperado de la Memoria Histórica de Catalunya" (ARMHC), constitúese coma unha asociación que regulará as súas actividades segundo a Lei 7/1997, do 18 de xufto, de asociacións da Generalitat de Catalunya que foi publicada no Diario Oficial da Generalitat de Catalunya número 2423, do 1 de xullo, e eos seus estatutos.

Artigo 2°

Os promotores da asociación, están interesados na recuperación da verdade na etapa do franquismo e ñas súas consecuencias. Por iso reunirónse o día 18/12/02, co fin de agrupar e coordinar os esforzos personáis e, así, conseguir avanzar hacia a recuperación da memoria histórica. Para iso establecen coma obxetivos ou fins da asociación os que se detallan nos seguintes apartados:

A) Facer realidade a recuperación da verdade, da dignidade e da xustiza que lies corresponde e deben recibir as perseas que foron sacrificadas na represión da etapa franquista en Catalunya.

B) Iniciar os traballos de investigación necesarios para localizar e identificar as fosas con restos humanos das vítimas civís e militares por mor da guerra e das represalias políticas no periodo do 1936 ata o 1939, e tamén dende 1940 en diante, e que aínda no foron identificados.

C) Iniciar un proceso para que a sociedade cátala síntase involucrada nos fins da asociación para recuperar a verdadeira historia dos anos 1936 ata 1977.

D) Difundir tanto á sociedade coma as institucións públicas todos aqueles datos que coñeza a asociación, co fin de contar de novo feitos que foron manipulados; identificar as persoas e describir e detallar as circunstancias que sofreron as vítimas do franquismo; establecer os vínculos familiares entre os supervivintes e os seus descendentes; investigar o número máis exacto posible das verdadeiras vítimas dése periodo; e reclamar a acción da xustiza na persecución dos responsabeis de crímenes contra da humanidade, cando sexa así.

Exclúese da asociación calquera actividade con ánimo de lucro.


 

Menu